Santiago 30 de novembro
A Directora Xeral de Discapacidade, Begoña Abeijón, clausurou esta maña, na EGAP a segunda edición do curso “Traballo con Familias”, formación organizada e coordinada pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) e impartida polo Centro Marie Langer, Centro de desenvolvemento de saúde comunitaria.
Durante a súa intervención, Begoña Abeijón subliñou a transcendencia de ofrecer unha atención da máxima calidade na atención aos nenos, ás familias e aos súas contornas, destacando o importante crecemento da Rede galega de Atención Temperá, rede pública e gratuita financiada pola Xunta de Galicia e conformada por mais de 50 servizos comunitarios que chega a mais de 200 concellos de Galicia.
Nesta segunda edición do curso “Traballo con Familias” participan 23 profesionais pertencentes a 13 servizos diferentes. O curso, de 50 horas de duración, comezou o 27 de setembro do ano en curso e conta coa fiinanciación de programas de interese xeral para fin de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2023, xestionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
No acto de clausura a Directora Xeral estivo acompañada por Jaime Ponte e Rocío García, Presidente e Vicepresidenta da Xunta Directiva da AGAT.