Formación e cursosGalicia

4ª EDICIÓN DO PROGRAMA INTRASERVIZOS

Santiago de Compostela, 8 de mayo del 2026

O  Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, inaugurou hoxe no Centro Gallego de Desarrollo Integral (CEGADI) a Xornada de presentación do PROGRAMA DE FORMACIÓN INTRASERVIZOS (4ª edición.), organizado pola  Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT).

Este programa está dirixido a profesionais  que exercen o seu labor nos Sevizos da Rede galega de atención temperá. Durante a súa intervención, o Director Xeral,destacou a necesidade de seguir reforzando a formación continua dos/as profesionais que traballan con nenos e nenas, entre os 0  e os 6 anos de idade, con problemas de desenvolvemento.

Pola súa parte María Torreira Espasandín, Presidenta da AGAT  destacou a importancia de este programa para que os/as profesionais adquiran ferramentas e recursos que faciliten a comprensión, acompañamento e a intervención con cada neno/a e puxo en valor o crecemento que está teniendo nos últimos anos o sistema de atención temperá en Galicia. Por último, agradeciu aos/ás profesionais a súa dedicación e traballo coas familias que levan aos seus fillos  a unidad de atención temprana.

A través do PROGRAMA INTRASERVIZOS, a AGAT a asesora e titoriza a actividade de Servizos da Rede galega de Atención Temperá, tanto na preparación dos plans de equipo como no traballo de caso cos nenos e nenas e coas familias.

Nesta 4ª edición o PROGRAMA INTRASERVIZOS chegará a 9 Servizos da rede  que dan atención a 30 concellos galegos,mediante titorías personalizadas que se realizarán durante os meses de maio a setembro. Nas edicións previas foron titorizados outros 23 servizos da Rede.

Nestes momentos, na Rede Galega de AT están en funcionamento 49 Servizos que dan cobertura a 191 concellos .

 

Tags: Formación e cursos, Galicia

Outras entradas

6-7 Novembro XVI Congreso – Programa e inscricións
DIA DA ATENCIÓN TEMPERÁ 2026 – A HORA DO RECOÑECEMENTO PROFESIONAL