Galicia

4ª edición do PROGRAMA INTRASERVIZOS

O pasado 8 de maio inaugurouse a 4ª edición do Programa de formación Intraservizos.
Este programa é consecuencia do interese compartido pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a AGAT respecto da conveniencia de promover a formación dos equipos interdisciplinarios dos Servizos de Atención Temperá da Rede Galega de AT.
Un ano máis, queremos agradecer á Xunta de Galicia – Dirección Xeral de Discapacidade, a confianza depositada en AGAT para levar a cabo esta formación, que chegou ata 30 concellos repartidos por todo o territorio de Galicia (9 SATs).
Así mesmo, queremos agradecer aos participantes o seu interese e actitude de superación.
Traballar con profesionais comprometidos no seu crecemento é un verdadeiro privilexio!
SERVIZOS PARTICIPANTES NA EDICIÓN 2026
Agrupación de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Zas e Vimianzo; Agrupación dos concellos de Miño, Pontedeume e Vilarmaior;
Agrupación dos concellos de Toques, Melide, Arzúa, Santiso e Vilasantar;
Agrupación de Vilalba, Guitiriz e Xermade;
Agrupación de O Corgo, Castroverde e Baleira;
Concello de Rianxo;
Agrupación dos concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente;
Concello de Mos;
Concello de Bueu.
Tags: Galicia

Outras entradas

NOVA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA SERVIZOS COMUNITARIOS DE ATENCIÓN TEMPERÁ