Noticias

424 FAMILIAS ATENDIDAS NAS UDIAF EN 2019

As Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar do Salnés, Deza e Bergantiños, que xestiona AGAT mediante convenio coa Consellería de Política Social, atenderon a 424 familias no ano 2019.

No tocante aos resultados as UDIAF manteñen datos excelentes no aspecto cuantitativo e cualitativo como indican os resultados globais de xestión e a valoración das familias obtendo cualificacións próximas a máxima puntuación (4,93; 4,75; 4,84) e cunha alta participación das familias nas enquisas.

DEZA


Enquisa avaliada por 88 familias de 121 totais (72,8%)

SALNÉS


Enquisa avaliada por 73 familias de 159 totais (51,8%)

BERGANTIÑOS


Enquisa avaliada por 73 familias de 104 entregadas

Estes datos non poden ocultar a situación xa anticipada en anos anteriores, e que reiteramos neste ano 2019 ao respecto da insuficiencia de medios para atender a demanda existente, o que conduce a unha situación límite na calidade asistencial

Segundo as estimacións da AGAT, unha Unidade de tres profesionais ten un límite de carga asistencial que pode cifrarse en 100/120 familias ano e 60 familias de promedio de atención simultánea por mes. A partir dos 60 casos e dunha carteira de usuarios superior a 20 por profesional as Unidades entran en circunstancias nas que se pon en risco o apoio personalizado, o carácter preventivo e unha intensidade axeitada dos anteditos apoios, especialmente no que atinxe á coordinación cos recursos comunitarios, coordinacións imprescindibles pero moi demandantes en termos de tempo de traballo.

Debido ao incremento continuado da demanda asistencial as UDIAFS pecharon o ano con lista de espera en tódalas unidades, e cunha demora excesiva na primeira consulta e no inicio das intervencións, ata 6 meses no Salnés, contradictorio coa natureza do propio servizo. Por este motivo, AGAT ten solicitado á Consellería de Política Social unha ampliación dos recursos conveniados, desdoblando a Unidade do Salnés e ampliando a plantilla en Bergantiños.

Tags: Noticias

Outras entradas

LOGOPEDA PARA SAT DE SALCEDA DE CASELAS
O PINO, BOQUEIXÓN, TOURO E VEDRA FINANCIAN UN NOVO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ