GaliciaNoticias

3,4 MILLÓNS DE EUROS PARA ATENCIÓN TEMPERÁ EN 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou hoxe na visita que fixo ao SAT de Friol, Rábade, Guntín e Palas de Reis que os orzamentos do vindeiro ano destinarán 3,4 millóns de euros aos servizos de Atención Temperá

Segundo a información da que dispón AGAT, trátase dunha cuantía levemente superior (5%) á prevista o pasado ano. Entón destinábanse 2.423.993 euros para o programa de consolidación e 512.969 para o programa de creación de novas unidades (Orde do 19 de decembro-DOGA 24-01-2020) , asi como 346.500 € para o convenio coa AGAT e as unidades que xestiona nas comarcas do Deza, Bergantiños e Salnés. A mesma cuantía está prevista nos orzamentos de 2021.

AGAT ten trasladado á Consellería de Política Social e a Federación Galega de Municipios así como as entidades do CERMI a necesidade de incrementar significativamente a inversión que realiza Galicia para poñerse ao nivel de cobertura e inversión doutras comunidades autónomas (Cataluña 42 millóns de euros e mais de 100 servizos, Andalucía 45 millóns e case 200, etc.) Consideramos que obxectivo de proporcionar atención e apoio na crianza e nos problemas do desenvolvemento ao 100% dos nenos e nenas de Galicia debería ser un obxectivo político prioritario de todas as administracións e do conxunto da sociedade galega sen distincións.

Dentro das propostas realizadas pola AGAT figura tamén a necesidade de que o crecemento da Rede responda a criterios profesionais no dimensionamento e planificación dos servizos, na conformación dos equipos, na avaliación e na concertación dos mesmos.

Esta carencia de criterios profesionais está a producir que haxa servizos con listas de espera e unha demora de case un ano na acollida das familias, mentres se están a crear outros con insuficiente ou mal planificada carga asistencial.

Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

SALCEDA E AS NEVES RENOVAN O SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ
INICIO DA CAMPAÑA EUROPEA “PRIMEIROS ANOS. PRIMEIRA PRIORIDADE”