Formación e cursosNoticias

30 NOVEMBRO – XORNADA TÉCNICA INTERDISCIPLINARIA

XORNADA TÉCNICA INTERDISCIPLINARIA

TEMA 1: O futuro da Atención Temperá. A visión dos profesionais TEMA 2: O bebé. Expresión e patoloxía psicosomática

30 de Novembro. De 10.00 a 18.30 horas Auditorio Neira Vilas. Cidade da Cultura.
Santiago de Compostela

10.00 a 12.00 h.  TEMA 1  O futuro da Atención Temperá. A visión dos profesionais

D. JOSE LUIS PEÑA SEGURA

  • Presidente da Federación Española de Asociacións de Profesionais da Atención Temperá
  • Neuropediatra do Hospital Universitario Miguel Servet de Zaragoza
  • Jefe de Sección de Coordinación Asistencial de Pediatría
  • Profesor asociado da U. de Zaragoza
  • Membro da Sociedade Española de Neuropediatría (SENEP)

Avance de contidos

  1. Atención Temperá. Prestación imprescindible
  2. Os Centros de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá
  3. Planificación dunha política pública
  4. Concertación social
  5. Avaliación e indicadores de calidade

12.00 a 18.30 h.  TEMA 2  O bebé. Expresión e patoloxía psicosomática. (sesións mañá e tarde).

Da. REMEI TARRAGÓ RIVEROLA

  • Psiquiatra infantil. Psicoterapeuta familiar e da perinatalidade.
  • CSMIJ de Sant Andrei da Fundación Eulalia Torras de Bea de Barcelona.
  • Psiquiatra na UCIN e do Hospital da Santa Creu i Sant Pau.
  • Membro da Soc. Esp. de Psiquiatría e Psicoterapia do Neno e o Adolescente – SEPYPNA.
  • Profesora da Universidade Ramon Llull – Barcelona.

Avance de contidos

  1. A psicosomática perinatal. Vínculo coidador-bebé e psicosomática.
  2. O corpo do bebé como interlocutor psicosomático.
  3. A depresión na primeira infancia e os procesos de somatización.
  4. Enfermidades psicosomáticas na primeira infancia: clasificación e clínica psicosomática.
  5. Exposición e discusión de casos. Análise con vídeo.

PRAZAS LIMITADAS

  • Acceso libre por orde de inscrición

No menú da páxina principal da web da AGAT acceder a http://atenciontemprana.com/contacto/ e cubrir o formulario.
Poñede, por favor, o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións.
No campo “asunto” escribir “XORNADA TÉCNICA”. Premer (pinchar) no botón “Enviar”.
Recibiredes unha mensaxe automática de recepción da vosa solicitude.
Posteriormente, un correo de “AGAT Formación” formacion@atenciontemprana.com vos confirmará a inscrición.
Xornada recoñecida de INTERESE SANITARIO.

  • Almorzo de traballo – cóctel 14.30 -16.00 h.

Interesados/as en participar no almorzo de traballo – cóctel na propia cidade da cultura entre a primeira e segunda sesións de Remei Tarragó, unha vez inscritos deberán ingresar 17 € na conta
C/C da AGAT: ES07 2080 0553 50 3040005038 ABANCA

Actos conmemorativos do 10 aniversario das UDIAF – Dez anos de investigación e atención temperá
Co patrocinio da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade-Consellería de Política Social-Xunta de Galicia
Tags: Formación e cursos, Noticias

Outras entradas

REUNIÓN SOBRE APLICACIÓN INFORMÁTICA DA REDE GALEGA
ATENCIÓN TEMPERÁ EN PONTEVEDRA