Formación e cursosNoticias

2ª EDICIÓN DO CURSO “DETECCIÓN PRECOZ DE INDICADORES DE ALARMA NA PRIMEIRA INFANCIA” PARA FORMACIÓN NA ESCALA ADBB

Grazas á financiación de programas de interés xeral para fin de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2020, xestionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, o 15 de outubro tivo lugar a apertura do curso “DETECCIÓN PRECOZ DE INDICADORES DE ALARMA NA PRIMEIRA INFANCIA”, centrado na formación na escala ADBB para o seu uso na práctica clínica e na investigación e organizado pola AGAT e dirixida aos profesionais da Rede galega de Atención Temperá

O curso, impartido pola formadora da escala ADBB en castellano, a psicóloga e psicoanalista uruguaya, NAHIR BONIFACINO, terá lugar en sesións de mañá e tarde os días 15, 16, 22 e 23 de outubro, na ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Asisten 20 profesionais das diferentes unidades de atención temperá, hospitalarias e comunitarias, da REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ

Tags: Formación e cursos, Noticias

Outras entradas

COLAS NO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DO SALNÉS
CASE 6 MILLÓNS DE EUROS PARA ATENCIÓN TEMPERÁ NO PROXECTO DE ORZAMENTOS PARA 2022