AGAT convoca unha xuntanza de profesionais dos equipos dos servizos comunitarios de Atención Temperá que forman parte da Rede Galega.
O motivo do encontro e realizar un intercambio de ideas e opinións con respecto ao despregamento dos SATS, as súas instalacións, recursos humanos e materiais, procedementos e indicadores, coa idea de traballar para que nun futuro podamos dispor dunha normativa que ordene a planificación, ordenación e acreditación dos servizos.
Con ese obxectivo convocámosvos a unha reunión de traballo que celebraremos o próximo día 23 de abril, a partir das 10.15 horas n Santiago no Centro Sociocultural de Vite na Rúa de Carlos Maside, 7, 15704 Santiago de Compostela,
É un encontro aberto a tod@s @as profesionais dos SATS que queiran asistir.
A reunión, tras unha breve presentación, consistirá na creación de grupos de traballo sobre os temas referidos: planificación, instalacións, recursos humáns, recursos materiais, procedementos, indicadores, así como calquera outro que se decida na propia reunión.
VÉMONOS EN SANTIAGO O 23