Noticias

121 FAMILIAS ATENDIDAS NA UDIAF DA COMARCA DO DEZA EN 2019

A UNIDADE DE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E APOIO FAMILIAR DO DEZA (UDIAF-DEZA) atendeu ao longo do ano 2019 a cento vinte un (121) familias na súa sede, ubicada no edificio UNED na Rúa E do Parque Empresarial Lalín 2000,  cedida polo Concello de Lalín.

Segundo consta na memoria de actividades, no ano 2019 atendéronse 121 familias, realizáronse 2219 prestacións de apoio personalizado e 246 actuacións de coordinación con outros profesionais e recursos. Debido ao sostenido incremento da demanda experimentado nos últimos anos a demora asistencial aumentou ata os 63 días de promedio.  

A UDIAF DEZA forma parte, xunto coas UDIAF do Salnés e do Deza, dun proxecto dirixido pola Asociación Galega de Atención Temperá e subvencionado integramente pola Consellería de Política Social. A Unidade do DEZA abriu as súas portas a mediados de 2009.

No que se refire ao ámbito do Deza, segundo os resultados correspondentes ao ano 2019 a maior parte das familias atendidas (57%) era residentes no Concello de Lalín, un 25% en Silleda, 12,5% en Cruces, 4,17 en Rodeiro e ao redor do 1% en Agolada e Dozón cifras normalmente correlativas á poboación dos distintos Concellos.

Nas enquisas anónimas cubertas polas familias o nivel de satisfacción co servizo mantense nun nivel moi elevado, cunha satisfacción global de 4,93 sobre un máximo de 5. Ditos resultados poñen de manifesto a importancia asistencial do servicio e a confianza que depositan as familias na intervención que se realiza.

Na actualidade a unidade está conformada por un equipo interdisciplinario con participación de 1 psicóloga, 1 psicomotricista, 1 logopeda e 1 administrativo. O incremento do convenio permitirá que psicomotricista e logopeda poidan traballar a tempo completo para diminuir a demora na intervención.

Trátase dun servizo público e totalmente gratuíto para as familias da comarca do DEZA. O contacto pode realizar a través da propia sede na Rúa do Parque Empresarial Lalín 2000 ou no  no correo electrónico dezas@atenciontemprana.com ou ben chamando ao teléfono 986794466.

Tags: Noticias

Outras entradas

CUME DOS SEIS ALCALDES DO UMIA PARA RENOVAR O SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ
FAMILIAS ADOPTIVAS RECLAMAN ATENCIÓN TEMPRANA