Xenética e enfermidades mentais

 

 

NOVO CURSO DE FORMACIÓN

“XENÉTICA E ENFERMIDADES MENTAIS

JAVIER COSTAS COSTAS

1 DE DECEMBRO DE 2018

   EGAP – Santiago de Compostela

Malia que o coñecemento da nosa dotación xenética e dos procesos reguladores nos que están involucrados os xenes experimentou extraordinarios avances nos últimos anos, a comprensión das relacións entre xenética e ambiente continúa sendo bastante opaca para a maioría dos profesionais e os cidadáns que non somos especialistas na materia.

Todos os días, pais, educadores, persoal sanitario ou de servizos sociais observamos en nenos e adultos a presenza de manifestacións características das enfermidades mentais ante as que xorde a dúbida do papel que xogan, respectivamente, xenética e ambiente. Trátase dunha incerteza que se proxecta ademais sobre a reversibilidade ou irreversibilidade dos devanditos trastornos, e que moitas veces confúndenos respecto das posibilidades e marxes de actuación que quedan ao noso alcance.


Este curso, trata de ofrecer unha aproximación a uns criterios básicos para comezar a orientarnos ante situacións de gran complexidade

 

PROGRAMA

9:30- 11:00

Introdución histórica:

Darwinismo social. Euxenexia. Leis de Mendel. Os inicios da psiquiatría xenética. Herdabilidade. Modelos polixénicos.

Doenzas mendelianas:

Introdución á xenética molecular. Herdanza mendeliana. Conceptos de penetrancia e expresividade. Secuenciación de nova xeración. Exemplos en neurodesevolvemento.

11:00 PAUSA _CAFE

11:30- 13:30h

Trastornos complexos:

Tipos de variantes xenéticas de risco. Variantes de efecto moderado en trastornos mentais. Variantes de efecto pequeno en trastornos mentais. Cuantificación de efectos polixénicos. O papel do ambiente.

Cara á medicina de precisión en saúde mental:

Estratificación de individuos por risco. Utilidade da estratificación? Cara onde vai a investigación actual? Implicacións en atención temperá. Aspectos éticos e sociais.

 

RELATOR:

Javier Costas Costas.

Doutoramento en xenética pola Universidade de Santiago de Compostela en 2000 cun estudo sobre a historia evolutiva dos retrovirus endóxenos en Drosophila e máis humano. Ese mesmo ano incorpórase ao Instituto de Bioloxía Molecular e Celular ( IBMC) da Universidade do Porto, como investigador postdoctoral, traballando na evolución de secuencias reguladoras da expresión génica en Drosophila. O seu traballo sobre estes temas deu lugar a algunhas publicacións en revistas alto impacto como Science, Molecular Biology yEvolution. A mediados de 2003, entra a formar parte do nodo de Santiago do Centro Nacional deGenotipado Nacional ( CeGen), para liderar un proxecto piloto sobre a xenética dos trastornos mentais. De 2006 a 2011 goza dun contrato programa Parga Pondal na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, período durante o cal obtén o primeiro proxecto como investigador principal ( FIS convocatoria de 2005). Desde 2012, é investigador do programa Miguel Servet no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago ( IDIS), onde actualmente é investigador principal do grupo emerxente de xenética psiquiátrica IDIS. Gran parte dos resultados dos seus traballos en xenética psiquiátrica foron publicados en revistas de alto impacto como Nature, Molecular Psychiatry ou Biological Psychiatry.

 

LUGAR:

EGAP (Escola Galega de Administración Pública)

Santiago de Compostela

DATA:

1 de decembro de 2018

HORARIO:     9:30 a 13:30h

PRAZAS :

Limitadas ( 30 a 40 persoas) – Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición e pagamento.

Declaración de interese sanitario: en tramite

COTAS:

Ata o día  1 de  novembro de 2018 :

 

  • Cota de inscrición socios/as AGAT: 20 €
  • Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 40
  • Cota de inscrición de non-socios/as:      30 €

 

Ata o día 15  de novembro de 2018 :

 

  • Cota de inscrición socios/as AGAT: 30
  • Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 50
  • Cota de inscrición de non-socios/as: 40

 

INSCRICIÓN

  • Entrar en “Contacto” na páxina principal da web da AGAT: 
http://www.atenciontemprana.com
  • Cubrir o formulario poñendo os vosos datos personais, profesión e lugar de traballo
  • No apartado “email” poñede, por favor, o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións.
  • Na ringleira de “asunto” escribir “Inscrición Curso “ Xenética e EnfermIdades Mentais”
  • Finalmente premer (pinchar) no botón “Enviar”.
  • Inmediatamente recibiredes unha mensaxe automática de saída da vosa solicitude.
  • Posteriormente, un correo de “AGAT Formación” (formacion@atenciontemprana.com) vos confirmará da recepción da vosa solicitude e vos informará de que para formalizar a matrícula tedes que ingresar a cota correspondente na conta:

C/C da AGAT 2080 0553 50 3040005038 ABANCA

  • A admisión ao curso será efectiva cando recibades outro correo de “AGAT Formación” confirmando o ingreso da vosa cota de inscrición na conta da AGAT.

Condiciones de uso, pago, cancelación y devolución de los cursos

La Organización se reserva el derecho de suprimir y/o modificar fechas y lugares en caso de no contar con un mínimo de participantes. En estos casos se notificará a los participantes con anticipación, devolviéndoles, asimismo, íntegramente el dinero de la inscripción abonada.

En caso de cancelación de la inscripción esta será devuelta en su totalidad si se realiza 30 días antes del inicio del curso con una penalización de 5 euros por gastos de gestión y administrativos. Si la renuncia se realiza entre los últimos 30  días antes del curso no se reembolsará la inscripción. No se realizará ningún reembolso si la cancelación se realiza en los últimos 5 días. En caso de suspensión del curso o modificación de fechas, se otorgará un reembolso completo o una nueva inscripción en otro curso de idénticas características.

Anulación o modificación de cursos por parte del Organizador

La Organización se reserva el derecho de suprimir y/o modificar fechas y lugares en caso de no contar con un mínimo de participantes. En estos casos se notificará a los participantes con anticipación, devolviéndoles, asimismo, íntegramente el dinero de la inscripción abonada o una nueva inscripción en otro curso de idénticas características o diferente precio devolviendo la diferencia si el precio es inferior o solicitando la diferencia si el precio es superior.

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA:

atenciontemprana@atenciontemprana.com

agat@atenciontemprana.com

Tfno. 698 124 611

http://www.atenciontemprana.com