Teléfono: 698124611 e-mail : agat@atenciontemprana.com

O PODER DO XOGO

Home

Con este suxerente títular ven de publicarse no último número da Revista PEDIATRICS – September 2018, VOLUME 142 / ISSUE 3

http://pediatrics.aappublications.org/content/142/3?current-issue=y

un artigo de revisión do Comite Psicosocial da Academia Americana de Pediatría sobre  a importancia do xogo e o papel do pediatra na mellora do desenvolvemento dos nenos/as

O artigo realiza un percorrido exhaustivo e moi documentado sobre a transcendencia do xogo no proceso evolutivo, suliñando o erro de limitar as oportunidades de xogo na primeira infancia e achegando múltiples referencias sobre as consecuencias positivas e negativas que a consideración/desconsideración do xogo poden comportar a nivel de adquisicíon de competecnias de autoregulación, funcións executivas e reflevivas, madurez socioemocional, adquisición da linguaxe, creatividade, imaxinación, etc

Asi mesmo, faíse un percorrido polos diversos tipos de xogo suliñando o delicado papel – non directivo – do adulto no sostén e guía do xogo, no seu andamiaxe e no aproveitamento das “zonas de desenvolvemento potencial”. A importancia do xogo de reciprocidade emocional, presimbólico, sensoriomotor, simbólico. O xogo libre, o xogo participado e o xogo con iguais.

No tocante aos aspectos máis biolóxicos, o artigo achega múltiples referencias sobre as correlacións entre xogo e  desenvolvemento da corteza prefrontal,  regulación dos efectos do estrés  ou modificacións epixenéticas  na proudcción do xen BDNF no RNA na amigdala,  cortex frontal dorsolateral o hipocampo

En definitiva, un interesante e moi recomendable artigo de revisión

Pode baixarse o PDF na páxina de PEDIATRICS