GaliciaNoticias

O CONSELLO DA XUNTA APROBA O CONVENIO PARA FINANCIAR AS UDIAF DO DEZA, SALNÉS E BERGANTIÑOS

O CONSELLO DA XUNTA VEN DE APROBAR O CONVENIO CON AGAT PARA A FINANCIACIÓN EN 2021 DAS UNIDADES DE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E APOIO FAMILIAR DO SALNÉS, DEZA E BERGANTIÑOS.

O acordo autoriza establecer pagamentos anticipados en porcentaxe superior ao previsto no artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT), para contribuír ao financiamento dun servizo social comunitario específico de atención temperá a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos e ás súas familias para o exercicio 2021. Importe: trescentos corenta e seis mil cincocentos euros (346.500€)

AS UDIAFS DO DEZA, SALNÉS E BERGANTIÑOS NA REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ

Dende 2009 anos, nas comarcas do Deza e do Salnés, e mais adiante na comarca de Bergantiños (2014), grazas a esta financiación da Xunta de Galicia e a colaboración das administracións locais e os recursos sociais, educativos e sanitarios, ao tempo que realizan a súa tarefa asistencial como servizos comunitarios da Rede Galega de Atención Temperá as UDIAF recollen datos e estudan procesos, metodoloxías e niveis de satisfacción das familias, co obxectivo de modelar os dispositivos de acordo aos servizos máis necesarios, elaborando indicadores de seguimento da súa xestión e axudando a definir os perfís formativos idóneos dos profesionais.

A experiencia das UDIAFS proporciona datos esenciais para analizar a demanda e planificar o desenvolvemento da Rede Galega de Atención Temperá.

Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

CONTRATACIÓN DE FISIOTERAPEUTA PARA O SAT DE QUIROGA-RIBAS DE SIL-FOLGOSO DE CAUREL
AGAT CONVOCA CURSO DE FORMACIÓN EN GRUPOS TERAPÉUTICOS