Noticias

Novo SAT en Amoeiro, Coles, Vilamarín e A Peroxa

LA REGIÓN 12-09-2018

Nais e pais de alumnos con algún problema de psicomotricidade dos concellos de Amoeiro, Coles, Vilamarín e A Peroxa disporán a partir deste 15 de setembro dun servizo de atención temperá, grazas ao acordo entre a Mancomunidade de Santa Águeda –que forman estes catro municipios– e a Xunta de Galicia.

Este novo servizo que se prestará a partir deste curso está financiado nun 90% pola Xunta de Galicia e un 10% por cada un dos concellos que forma parte da mancomunidade.

Así, e grazas a este acordo, os pais poderán desfrutar gratis deste servizo, sempre e cando lle sexa diagnosticado algún trastorno físico ou psíquico, ou o risco de padecelo no futuro.

Este servizo estará destinado a pequenos de entre 0 e 6 anos de idade, que poderán recibir apoio de fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional e/ou neuropsicóloxica.

A atención será prestada nas instalacións de Neuroburgas, na zona de O Vinteún de Ourense, e para poder obter máis información, os interesados poden dirixirse aos servizos sociais de cada un deses concellos.

“Cada vez que os pais, os psicólogos ou profesores detecten algún problema poderá ser tratado alí, o que consideramos que é un importante avance na asistencia social. Todos os que necesiten axuda, ímoslla dar”, explica o presidente da Mancomunidade, Amador Vázquez.

Tags: Noticias

Outras entradas

Novo SAT en Antas de Ulla e Portomarín
Demandan a mellora do CAD de A POBRA