GaliciaNoticias

NOVA WEB DA PLATAFORMA DE ORGANIZACIÓNS DA INFANCIA DE GALICIA – POIG

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia é unha asociación de persoas xurídicas que actúa no territorio galego sen prexuízo de realizar actuacións estatais e internacionais a favor do bo trato á infancia e adolescencia en Galicia.

Nace para defender, protexer e promocionar os dereitos fundamentais da Infancia recollidos na Convención dos Dereitos do Neno de 1989.

O seu interese é incrementar o benestar da Infancia e denunciar e facer seguimento das situacións que vulneren os dereitos das persoas menores de idade.

DIRECCIÓN DA NOVA WEB DA POIG

https:infanciagalicia.org

O obxectivo xeral da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia é a protección e promoción dos Dereitos da Infancia recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno do 20 de novembro de 1989.

En España enténdese por neno todo ser humano menor de 18 anos.

Os obxectivos específicosda Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia son:

  • impulsar as políticas xerais e sectoriais que estean dirixidas a incrementar o benestar da infancia, en especial daqueles nenos e nenas en situacións de risco individual e social
  • denunciar e facer un seguimento de todas as situacións de vulneración dos dereitos da infancia por parte das Institucións Públicas, do sector privado, dos particulares, dos medios de comunicación social, e/ou da opinión pública
  • sensibilizar á sociedade para o coñecemento e o respecto dos dereitos da infancia
  • desenvolver o diálogo, a colaboración e a participación en todos aqueles organismos públicos e privados que teñen ou poidan ter influencia no benestar da infancia e na aplicación dos dereitos da infancia
  • promocionar a participación e o asociacionismo da infancia de todas aquelas organizacións comprometidas na aplicación dos dereitos da infancia e na calidade de vida dos nenos e nenas.
  • facilitar o diálogo entre organizacións de infancia de Galicia xerando presenza, opinión e participación das organizacións de infancia na realidade social; e situando á infancia como suxeito activo de dereitos según a Convención sobre os Dereitos do Neno
  • coñecer a realidade da infancia na Comunidade galega
  • favorecer a coordinación entre asociacións que traballan por e para, e coa infancia
  • formar parte e desginar representantes ante a Plataforma de Organizaciones de Infancia en España (enlazar), así como en calquera outro organismos dos que a POIG (enlazar con quen somos) forma parte
Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

DEREITOS DA INFANCIA EN GALICIA: UNHA ASIGNATURA PENDENTE PARA CONCELLOS E PARTIDOS POLÍTICOS
NOVA XUNTA DIRECTIVA DA AGAT