GaliciaNoticias

NOVA REUNIÓN SOBRE A APLICACIÓN INFORMÁTICA DA REDE DE SERVIZOS COMUNITARIOS DE ATENCIÓN TEMPERÁ

O pasado venres 5 de febreiro, e convocados pola AMTEGA (Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia) e pola Consellería de Política Social, atendimos a unha reunión online sobre a aplicación informática da REDE comunitaria

Na reunión, ademais de AGAT, estiveron presentes profesionais dos SATS e da empresa INDRA, a empresa que implementa a aplicacion e da soporte informático aos SATS.

Vista parcial do calendario da aplicación informática da AGAT

No curso da reunión, INDRA presentou unha proposta de nova versión na que xa estaría incluido o calendario de planificación de actividades.

No curso da xuntanza, comprobouse a necesidade de modificar a fragmentación actual da actividade dos SATS en múltiples tipos de prestacións, fases e accións, o que crea múltiples disfuncións e perdas de tempo entorpecende a funcionalidade do calendario. De tal xeito que a implementación deste calendario debe facerse ofrécendolle ao xestor de eventos un máximo de 8-10 posibilidades diferentes: consulta de acollida, sesión de valoración, sesión de intervención, coordinacións, xestión de caso, etc. E imputando esas actuacións de forma automática en cada expediente de caso e de profesional (e na propia folla de evolución)

AGAT insistíu tamén na necesidade de implementar os cambios propostos nos documentos de consenso elaborados conxuntamente polos SATS e as UDIAFS e remitidos en setembro de 2019. Cambios que aínda non se aplicaron e que afectarían:

A funcionalidade e visualización da pantalla de inicio sendo imprescindible contar cun buscador múltiple entre outras melloras

A recollida de datos en cada expediente operativizando tres zonas: os datos de usuario, os datos de xestión e os datos de diagnóstico e situacións administrativas

A mellora da funcionalidade da área de EXPEDIENTE dando acceso directo aos formularios de caso (de solicitude, de evolución, de programa, de informe e de alta) e as informacións de caso (citas, contactos, documentos, rexistro histórico de actuacións, mapa de seguimento evolutivo)

A creación dun área de SERVIZO, na que contemos con acceso inmediatos aos datos dos profesionais do equipo, ao calendario, contactos, documentos e reunións- actividades do equipo

A configuración do CALENDARIO, como un calendario de equipo, cun máximo de 8-10 tipos de actividade mediante un xestor de eventos vinculado a cada expediente e a cada profesional, con capacidade de planificar todas as axendas de forma conxunta.

A creación dunha área de EXPORTACIÓN de datos que facilite a súa obtención de forma inmediata e automática mediante diversos selectores, permitindo a avaliación da propia actividade e a transmisión de datos as administracións sen crear sobrecargas de traballo

Na reunión houbo acordo na necesidade de concretar canto antes reunións cos técnicos de INDRA para que implementen estas melloras, fundamentais para que a aplicación sexa funcional, e facilite as dinámicas de equipo, planificación e seguimento das actuacións.

Por parte dos asistentes houbo acordo tamén na urxencia de proceder a modificar a aplicación canto antes para establecer un modelo definitivo.

Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

SAN XEROME ABRE UN SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ GRATUITO NO BAIXO MIÑO
ATENCIÓN TEMPRANA EN LAS DIFERENTES COMUNIDADES AUTÓNOMAS