GaliciaNoticias

¡¡¡ INICIO PREINSCRICIÓN ¡¡¡ – MÁSTER EN DESENVOLVEMENTO INFANTIL E ATENCIÓN TEMPERÁ

O Consello de Goberno da Universidade de A Coruña (UDC), por iniciativa do Departamento de Psicoloxía, ven de aprobar a incorporación no seu cadro de estudos dun MÁSTER EN DESENVOLVEMENTO INFANTIL E ATENCIÓN TEMPERÁ.

O Máster conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Fundación Paideia e da Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT)

Este Máster ofrece unha formación de posgrado orientada a que todos os que traballan no espazo profesional de 0 a 6 anos, sexa dende o campo educativo, social o sanitario, poidan adquirir unha comprensión integral do desenvolvemento infantil e da súa diversidade, dotándoos de criterios, recursos e técnicas para o análises das situacións evolutivas e a intervención co neno/a, a familia e as redes sociais.

Ademáis, o posgrado ofrece as bases para poder iniciar un recorrido profesional como especialista en Atención Temperá, ou para renovar e actualizar a súa formación aos profesionais en exercicio

O plan de estudos está deseñado dende unha perspectiva integral, relacional, inclusiva e biopsicosocial, centrada na actividade situada e na relación entre o neno/a e os seus contextos de vida

Contará coa participación de docentes e profesionais acreditados por unha larga experiencia, ten un enfoque operativo e complementarase con 100 horas de prácticas en servicios o centros.

O acceso está facilitado por bolsas se mátrícula da UDC e da Xunta. A UDC concederá ata un máximo de 4 bolsas polo 50% da matricula. Mentres que a Xunta de Galicia, fará unha achega do 30% a todos os alumnos matriculados que non obteñan as bolsas anteriores polo que o custo efectivo do curso sitúase en 2.030 €

Información, calendario de preinscrición e matrícula

ENLACE https://masteratenciontemprana.org

ENLACE FUAC: https://www.fundacion.udc.es/curso.asp?id=566

 

Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

ESTUDIO ATENCIÓN TEMPRANA Y CARDIOPATÍA CONGÉNITA
NOVO SERVIZO EN OURENSE