Teléfono: 698124611 e-mail : agat@atenciontemprana.com

MARÍA TORRES DE ELEFANTE ELEGANTE TEATRO, NA XORNADA

Santiago 6 de abril

Prácenos confirmar hoxe a presencia de María Torres de Elefante Elegante Teatro na Xornada “O pracer de xogar” que terá lugar no auditorio “Neira Vilas” da Cidade da Cultura de Santiago o día 3 de xuño.

María, actris e co-directora de Elefante Elegante Teatro crea espectáculos de teatro visual baseados no xesto e no movemento. Cre no teatro como ferramenta para a sensibilización, a autoestima e a conciencia dende un entorno lúdico e de confianza. Se para ela o teatro e unha procura e unha necesidade espera que para o espectador sexa unha revelación.

Premio María Casares 2017 ao mellor espectáculo infantil, María participará nas xornadas impartindo o obradoiro:  “O Teatro, valiosa ferramenta para unha infancia harmoniosa”.

www.elefanteelegante.net/

Comentar

*

captcha *