Teléfono: 698124611 e-mail : agat@atenciontemprana.com

LOGOPEDA PARA SAT DE BURELA

O 13 de agosto remata o prazo para presentar solicitude de participación no proceso de selección dun LOGOPEDA para o SAT de Burela

Por Decreto da Alcaldía nº 2018-0533 de 23/07/2018 apróbase a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación con carácter temporal dun/dunha logopeda que prestará os seus servizos na Unidade de Atención Temperá.
CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL DUN/DUNHA LOGOPEDA ADSCRITO/A Á UNIDADE DE ATENCIÓN TEMPERÁ.-
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.
Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento de selección que se levará a cabo para a contratación con carácter temporal dun/dunha logopeda que prestará os seus servizos na Unidade de Atención Temperá.
A natureza do contrato será laboral temporal na modalidade de contrato de duración determinada por obra ou servizo a tempo completo (37,5 h/s) e a súa duración estenderase dende a data da sinatura do correspondente contrato ata o 31 de outubro de 2018.
Funcións: Prevención, detección, promoción, administración, avaliación, diagnóstico, tratamento, rehabilitación, habilitación, prognósticos, orientación, asesoramento, docencia e investigación das áreas de comunicación humana e as súas alteracións na atención temperá: nenos/as de 0 a 6 anos.
O/a aspirante seleccionado/a e contratado/a percibirá as retribucións establecidas no Convenio colectivo aplicable ao persoal laboral do Concello de Burela co seguinte desglose bruto mensual: salario grupo A2 978,26 € ; complemento de destino (nivel 18) 402,73 €; complemento específico: 64,59 € e parte proporcional de paga extra 196,80 €.

As bases íntegras publicaranse no BOP de Lugo, na sede electrónica (https://burela.sedelectronica.es) e no taboleiro de anuncios do Concello e estarán a disposición dos /das interesados no Rexistro Xeral do Concello