Teléfono: 698124611 e-mail : agat@atenciontemprana.com

Proxectos AGAT

Dende a súa constitución en Marzo de 1997, AGAT promove e participa en estudos, proxectos de investigación,  documentos de consenso profesional e implementación de prácticas profesionais dirixidas á mellora continua dos sistemas de apoio ás crianzas de 0 a 6 anos e ás súas familias.

En 1998 xunto con outras asociacións e entidades de Galicia participamos na elaboración do “Documento sobre necesidades de Atención Temperá”.  Entre 1998 e 2000, a través da convocatoria INTER do IMSERSO coordinamos o estudo e posterior publicación da “Guía de Estándares de Calidade” e no “Formulario de Auto-evaluación”.  Tamén nesa época participamos nos traballos do “Libro Branco de Atención Temperá” editado por primeira vez polo Real Padroado de Discapacidade no ano 2000. E posteriormente, a través da colaboración GAT-Real Patronato, AGAT estivo presente nos proxectos que desembocaron na elaboración das “Recomendacións Técnicas  para o desenvolvemento da Atención Temperá” (2003), na “Organización Diagnóstica para Atención Temperá” (2004 e 2008), na “Guía do Desenvolvemento” (2005), na catalogación do libro “Recursos actuais da Atención Temperá en España” (2010), no estudo “A Primeira Noticia” (2011) e na recopilación normativa “Atención Temperá e Dependencia” (2011).  En 2005, xunto con outras asociacións de familias e profesionais, redactamos o “Documento Marco sobre Atención Temperá en Galicia”.  Entre 2006 e 2009, en colaboración coa Xunta de Galicia, AGAT deseñou e implementou en 25 escolas infantís de Galicia o proxecto “a_tempo” de detección precoz. E, tamén mdiante convenio coa Xunta de Galicia, dende 2009 AGAT implantou dúas unidades experimentais de Atención Temperá, as Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar do Deza e do Salnés dende o que se elaboru unha proposta de “Carteira de Servizos”. No ámbito da colaboración coa administracón autonómica cabe destacar tamén a participación da nosa Asociación no IV Plan Integral de Apoio ás Familias, no Plan Integral de Apoio ás Persoas con Discapacidade (2010-2013) e no Decreto polo que se crea a “Rede Galega de Atención Temperá”.

Proxectos AGAT

Xornadas interdisciplinarias.   Xornadas de encontro dos profesionais de Galicia   “IV XORNADA INTERDISCIPLINAR” – SANTIAGO 2002 Venres, 25 de Xaneiro de 2002 “A protección das primeiras relacións” e presentación da edición en galego do “Libro Blanco de Atención Temprana” Programa 9´30 Pre
Traballo de campo para a investigación sobre Atención Temperá e Dependencia
  Estudo preliminar para unha  carteira de servizos mediante a  implementación de dous servizos comunitarios específicos nas comarcas do Deza e do Salnés. Dende 2009
Programa UDIAF. Convenio de colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar para establecer e avaliar un programa experimental de servizos comunitarios específicos de AT. Dende 2009.
Traballo de investigación realizado en colaboración co GAT, a Federación Estatal de Asociacións de Atención Temperá. “A Primeira Noticia” está editado polo Real Patronato sobre Discapacidade (2011)
Conferencia internacional do programa a_tempo. Coa participación de Liisa Heinamaki do STAKES de Finlandia, Edward Melhuish do proxecto EPPE do Reino Unido e Jane Squires, autora do ASQ, Ages and Stages Questionnaires, utilizados no programa a_tempo
Programa a_tempo de detección precoz nas escolas infantís . Convenio de colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia. Desenvolvemento ao longo dos anos 2006-2009, 25 escolas infantís 0-3, 173 educadoras, 1971 nenos/as. Informe editado pola AGAT e a Xunta de Galicia
Deseño, debate e redacción do ”Documento Marco sobre Atención Temperá en Galicia” elaborado no ano 2005. Editado pola AGAT. Unha análise da situación en Galicia
Colaboración co GAT,  Federación Estatal de Asociacións de Atención Temperá na elaboración das “Recomendacións Técnicas pro Desenvolvemento da Atención Temperá” . Editado polo Real Patronato sobre Discapacidade en 2005
Traducción ao inglés da Guía de de Estándares de Calidade. Editada polo Real Patronato sobre Discapacidade no ano 2008.
Participación na Rede de Intercambio en Atención Temperá promovida polo programa INTER do IMSERSO. Elaboración e publicación da “Guía de Estandares de Calidad en Atención Temprana“ de acordo co Plan de Estudos do IMSERSO 2002. Dúas edicións 2003 e 2008.
Colaboración co GAT – Federación de Asociacións de Atención Temperá do resto do Estado na elaboración da “Organización Diagnóstica en Atención Temperá” (ODAT). Dúas edicións 2004 e 2008
Confección do ”Documento de necesidades de Atención Temperá en Galicia” (1998) en colaboración coas seguintes entidades: Asociación de Padres “Hoy por mañana” Asociación de Padres de Niños con Minusvalías “ASPANEMI” , Federación de Asociaciones de Síndrome de Down de Galicia, Colexio de
Colaboración na redacción, edición e difusión do  “Libro Branco da Atención Temperá“, fito documental da Atención Temperá no conxunto do Estado (13 edicións, traducido ao galego, inglés, árabe, portugués)