GaliciaNoticias

ENTREVISTA AGAT-FEGAMP

DSC00562-1Santiago 11.05.2016

Unha representación da Xunta Directiva da AGAT, encabezada pola súa Presidenta Teresa Busto, celebrou este mércores unha entrevista co Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) Alfredo L. García Rodríguez.

Na entrevista AGAT expuxo ao Presidente da FEGAMP a situación da Atención Temperá en Galicia, facéndolle entrega do documento sobre análise de necesidades elaborado pola Asociación Galega de Atención Temperá e solicitando a súa atención sobre a conveniencia de crear novos recursos nos territorios de Galicia que carecen deles co fín de facilitar o desenvolvemento e fortalecemento da REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ e os servizos de proximidade previstos no Decreto 183/2013 de 5 de decembro.

Asi mesmo AGAT solicitou a atención das administracións locais para conquerir que a nova REDE conte cun sistema de acreditación e estandarización que garanta a calidade dos servizos.

Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

Sinatura do Convenio Xunta-AGAT
ENCONTRO CENTROS E SERVIZOS – 10 DE SETEMBRO