GaliciaNoticias

DÍA TRISTE PARA A ATENCIÓN TEMPERÁ

Estimadas compañeiras e compañeiros:

Sentimos comunicarvos o falecemento da compañeira Amil Marcos González-Seco.

Dende AGAT desexamos manifestar o noso recoñecemento a unha profesional comprometida coa Atención Temperá. Destacar a súa implicación, profesionalidade e integridade nunha profesión que así o demanda e que supuxo un bo facer cos nenos, nenas e coas familias que acompañou durante este tempo.

Deixa tras de si un proxecto chamado Anaina no que puxo moito afecto, traballo e implicación, e co que logrou formar un equipo baseado na multidisciplinariedade na que tanto creía, e coa profesionalidade e humanidade que merece esta profesión. Sentimos enormemente a súa pérdida, pero temos a certeza de que a súa talla persoal e profesional deixa un legado que perdurará no tempo.

Ata sempre compañeira!

Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

ATENCIÓN TEMPERÁ NO CONCELLO DE AS PONTES
PUBLICADA NOVA CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS A CONCELLOS PARA A REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ