¡¡¡ CURSO COMPLETO !!! – CURSO DE FORMACIÓN: A RELACIÓN COAS FAMILIAS

22-03-2018 AVISO: CURSO COMPLETO

Adxuntamos información do novo curso de formación convocado pola AGAT

PROGRAMA RELACION CON LAS FAMILIAS

 

CURSO DE FORMACIÓN

    “ A relación coas familias: construíndo equipo para traballar a autonomía de nenos e nenas

  14 de abril  de 2018

                                     EGAP – Santiago de Compostela  – Aula 5                                       

 O Centro “Marie Langer”, especializado en intervención comunitaria, atende as necesidades da poboación, promovendo unha mirada crítica constante sobre o modo de vida, e favorecendo o desenvolvemento do protagonismo persoal-social e a acción participativa para a resolución de conflitos da vida cotiá.

A Metodoloxía dos Procesos Correctores Comunitarios ( ProCC) , de autoría de Mirtha Cucco García, e froito dunha rigorosa investigación científica desenvolvida en diferentes lugares de  Latinoamérica e España desde fai máis de trinta anos, brinda achegas teórico- metodolóxicas contrastadas e eficaces para a devandita intervención.

Desde a Casa Central do Centro de Desenvolvemento de Saúde Comunitaria “Marie Langer” derívanse múltiples desenvolvementos nacionais e internacionais que permiten elaborar as estratexias que garanten o rigor de Metodoloxía ProCC

 

CURSO DE FORMACIÓN

PROGRAMA

OBXECTIVOS:

. Reflexionar sobre o proceso de construción da autonomía como un proceso integral no desenvolvemento humano e na implicación da conexión no mundo adulto.

. Traballar con algunhas ferramentas  para optimizar a relación coas familias das crianzas que asisten á Atención Temperá.

. Coñecer algunhas nocións básicas da concepción da Metodoloxía ProCC.

 

CONTIDOS:

. Introdución á Metodoloxía ProCC: vida cotiá e Normalidade Suposta Saúde.  O proceso de construción da autonomía: desprendemento, lugar, ambivalencia, dolor, límites, autoridades e lugar dos adultos.

. Algunhas claves para a elaboración da situación de necesidades especiais en Atención Temperá.

. Ferramentas para favorecer a relación entre  familias e profesionais: posición, distancia operativa, análise das contradicións.

 

RELATOR:

O relator será Alfredo Waisblat, psicólogo , Especialista en metodoloxía ProCC, membro do Equipo Docente  e membro do Equipo de Dirección do Centro Marie Langer- Sede Madrid.

 

LUGAR:

EGAP (Escola Galega de Administración Pública)

Santiago de Compostela

 

DATA:

Sábado 14 de abril de 2018

 

HORARIO:

9:00 – 14:00 h

 

PRAZAS :

Limitadas – 30 prazas. Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición

 

COTAS:

Ata o día 25 de marzo:

  • Cota de inscrición socios/as AGAT: 40€
  • Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 60 E
  • Cota de inscrición de non-socios/as: 50

 Ata o día 8 de abril:

  • Cota de inscrición socios/as AGAT: 50
  • Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 70
  • Cota de inscrición de non-socios/as: 60

INSCRICIÓN

  • Entrar en “Contacto” na páxina principal da web da AGAT: http://www.atenciontemprana.com
  • Cubrir o formulario poñendo os vosos datos persoais, profesión e lugar de traballo
  • No apartado “e-mail” poñede, por favor, o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións.
  • Na ringleira de “asunto” escribir “Inscrición Curso “A relación coas  familias”
  • E no apartado de “Mensaxe”, especificade se sodes “Socios”/”Non socios”
  • Finalmente premer (pinchar) no botón “Enviar”.
  • Inmediatamente recibiredes unha mensaxe automática de saída da vosa solicitude.
  • Posteriormente, un correo de “AGAT Formación” (formacion@atenciontemprana.com) vos confirmará da recepción da vosa solicitude e vos informará de que para formalizar a matrícula tedes que ingresar a cota correspondente na conta:

C/C da AGAT 2080 0553 50 3040005038 ABANCA

  • A admisión ao curso será efectiva cando recibades outro correo de “AGAT Formación” confirmando o ingreso da vosa cota de inscrición na conta da AGAT.

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA:

atenciontemprana@atenciontemprana.com

agat@atenciontemprana.com

Tlfno. 698 124 611

http://www.atenciontemprana.com