GaliciaNoticiasSin categoría

CONVENIO 2019 XUNTA-AGAT PARA FINANCIAR AS UDIAF DO DEZA, SALNÉS E BERGANTIÑOS

Onte, 16 de abril, tivo lugar en San Caetano a sinatura do convenio entre a Xunta e AGAT (315.000 euros), para o mantemento das unidades de atención temperá (UDIAFS) nas comarcas do Deza, o Salnés e Bergantiños. Pola Consellería de Política Social a súa titular, Fabiola García, e pola AGAT a súa presidenta, Teresa Busto, asinaron o novo convenio que facilita tamén a libranza dun 80% da financiación total do convenio

13,30 h.- Sinatura do convenio entre a conselleira de Política Social, Fabiola García, e a Presidenta da AGAT, Teresa Busto. Foto xoán crespo 16/04/2019

As UDIAF atenderon o ano pasado a 421 nenos e as súas familias o que representa un 47,8 % das crianzas atendidas polos servizos comunitarios da REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ (880 segundo datos da Xunta)

As UDIAF – Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar, son Unidades piloto, creadas en 2009 pola AGAT, grazas a colaboración da Xunta de Galicia. O seu traballo ten sido fundamental como soporte ao desenvolvemento normativo e procedemental dos servizos.

As UDIAF foron concebidas como unidades de carácter comarcal, coa idea de facilitar o traballo conxunto e sinérxico dos dispositivos sociais, sanitarios e educativos dos diferentes concellos e da administración autonómica, co correspondente aforro de custos

A UDIAF Salnés atende a 10 concellos, Ribadumia, Meis, Meano, A Illa, O Grove, Cambados, Sanxenxo, Vilagarcia e Vilanova de Arousa cunha poboación potencial 0-6 de mais de 5000 crianzas. A UDIAF Bergantiños atende a 7 concellos, Cabana, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica, Ponteceso, cunha poboación 0-6 de mais de 3000 crianzas. E a UDIAF Deza, atende a 6 concellos, Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces, cunha poboación 0-6 de 1800 cativos. As UDIAF teñen sido pioneiras na introducción escalas estandarizadas de satisfacción das familias (Measure of Process of Care) . Estan ubicadas en locales cedidos polas administraciones locales e de carácter comunitario

A avaliación dos equipos das UDIAF polas familias, dende a súa implantación, móvese sempre en puntuacións de excelencia

Ao longo dos últimos 10 anos, e no que se refire a avaliación do traballo en equipo, escoitar e acompañar as familias e satisfacción co seu traballo, as UDIAF veñen acandando sempre puntuacións próximas ao máximo posible. Igualmente, as UDIAF introduxeron a regulación de fases, procesos e indicadores de avaliación pra poder estimar a tipoloxía da poboación atendida e realizar a necesaria rendición de contas ante as administracións publicas.

O traballo das UDIAF permitiu a elaboración e implantación dunha aplicación informática de xestión de caso, cedida gratuitamente pola AGAT á Xunta de Galicia para o seu aproveitamento na Rede Galega de Atención Temperá

AGAT, ten solicitado á Xunta a mellora do actual convenio, axustando as plantillas as necesidades en función de criterios obxectivos de poboación diana, co obxecto de poder canalizar a crecente demanda asistencial, evitar as listaxes de espera e a demora na primeira consulta e na primeira intervención

Tags: Galicia, Noticias, Sin categoría

Outras entradas

UN PACTO PARA UNHA INFANCIA CARGADA DE FUTURO
ATENCIÓN TEMPERÁ NA LOURIÑA