BURELA – LOGOPEDA PARA ATENCIÓN TEMPERÁ –

Burela, 22 de xaneiro de 2019.

O BOP publica hoxe as bases reguladoras do proceso de selección para a contratación dun/dunha logopeda adscrit@ á Unidade de Atención Temperá. O contrato a realizar terá unha duración dun ano. As persoas interesadas dispoñen de dez días naturais, contados desde mañá, para presentar a documentación pertinente.
O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “hoxe sae publicado no Boletín Oficial da Provincia a praza de logopeda, que xa levamos tempo querendo sacala para cubrir a vacante que quedou no centro de atención temperá de Burela. Vai para un ano e imos facer o exame o antes posible, pero quero informar a todas aquelas persoas que poidan estar interesadas en ocupar esa praza que lean o Boletín Oficial da Provincia de hoxe, martes 22, e agora hai 10 días para vir ao Concello buscar a documentación e matricularse. Vamos facer o exame o antes posible para que o traballo poida empezar a realizarse a partir das primeiras semanas de febreiro”.
O rexedor dixo que “é algo que nos preocupaba porque unha vez rematado o contrato á anterior logopeda había que facer unha selección, tamén estábamos agardando a ver se saía a subvención da Xunta de Galicia, que calculamos que sairá este mes ou para o próximo. E por tanto vamos ir adiantando xa o proceso para que estean atendidos o antes posible os nenos e nenas que o necesitan”.
Llano engadiu: “así que hai que animar a todos aqueles profesionais titulados que poidan presentarse a que o fagan porque penso que é unha praza moi interesante”.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 1 de febreiro de 2019
Máis información no BOP de Lugo do 22 de xaneiro de 2019