Noticias

AS FAMILIAS RECLAMAN MAIS MEDIOS E MELLORES INSTALACIÓNS NO SALNÉS

As familias usuarias da UDIAF Salnés veñen de reclamar unha mellora nas instalacións e máis profesionais na UDIAF Salnés.

La Unidad de Desarrollo Infantil y Apoyo Familiar (Udiaf) que funciona no centro social de O Ramal (Vilagarcía) atendió o pasado ano a 154 crianzas con problemas evolutivos. Unha representación das familias acudiu onte ao pleno da corporación para solicitar a súa mediación ante a Xunta de Gañicia na mellorá dunhas instalacións que consiedran “insuficientes e inadecuadas”. Así como un incremento da plantilla xa que logo, o pasado ano a demora media para seren atendidos chegou aos 5 meses.

Satisfacción das familias coa UDIAF SALNÉS

Tal e como pode apreciarse na imaxe as familias valoran moi ben a etención recibida excepto polo que se refire ás instalacións e medios cuxa mellora agora reclaman.

AGAT, como entidade que xestiona o servizo grazas a un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia´, xa expuxo o ano pasado a situación límite en canto a medios na que se atopaba a Unidade, solicitando a súa extensión e mellora para poder atender de forma adecuada a crecente demanda nunha comarca con máis de 5000 crianzas de 0 a 6 anos.

O pleno da corporación de Vilagacia aprobou unha moción que solicita a ampliación da UDIAF para que conte a lo menos con 4 salas e dous despachos, asi como para o incremento correlativo do número de profesionais para poder atender a demanda existente

Por outra banda, o pleno da Corporación solicitou a aproximación das consultas especializadas de foniatría e neuropediatría do SERGAS ao Hospital do Salnés, para non ter que desprazarse ata Pontevedra

Tags: Noticias

Outras entradas

AUDIENCIA CONSELLEIRA DE POLÍTICA SOCIAL – AGAT
ILDEFONSO DE LA CAMPA DESTACA EN MONDOÑEDO OS BENEFICIOS DA ATENCIÓN TEMPERÁ