Noticias

ALCALDE BURELA RECLAMA ANTICIPAR CUSTO DO SERVICIO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

XORNAL DA MARIÑA – 23-11-2018

O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, solicitou nunha xuntanza da Fegamp que o Sergas ou a Consellería de Educación asuman o servizo de atención temperá, que está sen logopeda desde principios deste mes novembro.

O Concello non puido prorrogar o contrato do especialista ao non dispor dunha axuda da Xunta de Galicia, que se encarga do financiamento do servizo.

Por iso, Llano insta ao Goberno galego a asumir o servizo ou a adiantar a subvención correspondente para a contratación de persoal. O rexedor considera necesario regular e normalizar este servizo para beneficio dos seus usuarios.

O rexedor de Burela presentou unha proposta para custear o servizo dun xeito diferente. Ata o de agora, os concellos deben contratar o persoal, xustificar o gasto e agardar pola achega da xunta. 

“Acabou a contratación dun profesional e mentres non salga a subvención non hai unha xustificación para volver contratalo”, expón Llano.

SERVIZO “NECESARIO”

“Pedimos que, antes de que se outorgue a subvención, que se adiante un 80% desa cantidade, para que non se creen conflitos aos gobernos locais”, indica o alcalde, que lembra a importancia “dun servizo moi positivo e necesario, que queremos seguir prestando”. 

Tags: Noticias

Outras entradas

¿ PARA CANDO UNHA REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ PÚBLICA, PRÓXIMA, COMPLETA E DE CALIDADE ?
O CONCELLO DE TEO MANTÉN O SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ