Teléfono: 698124611 e-mail : agat@atenciontemprana.com

¡¡¡ ULTIMAS PRAZAS ¡¡¡ ACTIVIDADE ACUÁTICA E ATENCIÓN TEMPERÁ

PROGRAMA ACTIVIDADE ACUATICA EN ATENCION TEMPERA

 recoñecido de interese sanitario

                    IMPORTANCIA:

Desde hai uns anos a actividade acuática introduciuse de forma masiva no ámbito educativo, da saúde e como non, no ámbito terapéutico infantil.

O coñecemento e actualización sobre as intervencións no medio acuático por parte dos profesionais de atención temperá é moi necesario, xa que nos permite ampliar os ámbitos de actuación e levar a cabo novas intervencións enfocadas a incrementar a participación das crianzas con alteracións no desenvolvemento nunha contorna máis lúdica e onde as familias van poder xogar un rol fundamental.

Os beneficios que nos achega este medio a nivel do desenvolvemento global é por todos coñecidos, xa que é unha intervención onde se contemplan varios compoñentes da CIF, aproveita os efectos e propiedades do medio acuático para o uso terapéutico mellorando aspectos como a aprendizaxe e control do movemento, o equilibrio, a coordinación, a práctica variada en contornas diferentes, a función manual, a forza muscular, a participación social, a diversión; pero sobre todo en atención temperá a implicación da familia na continuidade dos procesos de aprendizaxes funcionais (Practicas centradas na familia).

Aínda que, o enfoque da actividade acuática sempre dependerá do marco teórico e dos obxectivos expostos polas persoas que o leven a cabo, para nós desde a Atención Temperá, a actividade acuática é moito máis que un adestramento das alteracións motrices, é un medio facilitador de experiencias, promotor da participación do neno en actividades físicas e relacionais na contorna, de relación e comunicación entre os pais e as súas crianzas, entre pais e profesionais e entre profesionais e crianzas.

Se o marco teórico e técnico á hora de expor a actividade acuática ten en conta as características das crianzas e a súa familia e se adecúa ás súas circunstancias, respectando o tempo de adaptación, a actividade será ademais un potenciador da aprendizaxe para todos os participantes do proxecto.

Este curso deseñouse e está estruturado para ofrecer aos profesionais do ámbito da atención temperá e educación especial, (Fisioterapeutas pediátricos, terapeutas ocupacionais, logopedas, psicopedagogos, mestres de educación física, especial, infantil…), que queiran implementar as súas intervencións no medio acuático para potenciar a participación das crianzas dunha forma máis lúdica e divertida e onde a familia forme parte importante desta actividade.

O contido do curso está condicionado pola experiencia adquirida tras 30 anos de práctica clínica, de formación, actualización e especialización neste e noutros ámbitos relacionados coa atención temperá e a incorporación das prácticas baseadas na evidencia na rehabilitación pediátrica

OBXECTIVOS DO CURSO:

  • Ofrecer unha ferramenta terapéutica que nos permita atender no medio acuático ás crianzas con alteracións no desenvolvemento.
  • Ofrecer un modelo de intervención terapéutico que ten en conta as características individuais das crianzas e da súa contorna.
  • Ofrecer unha base teórica que permita entender a utilización das condicións físicas da auga para o traballo terapéutico
  • Ofrecer mediante a práctica vivenciada na piscina a comprensión dos conceptos teóricos traballados.
  • Ofrecer recursos prácticos para o correcto manexo terapéutico e lúdico das crianzas e a súa familia na auga segundo os obxectivos buscados.

 

CONTIDOS DO CURSO:

  • Visión global do desenvolvemento psicomotor do neno tanto no medio terrestre como no acuático. Características e condicións do lugar de traballo: en función do marco estrutural no que levemos a cabo a actividade teremos que poder adaptar a nosa intervención terapéutica: Centro de atención temperá, escola especial, piscina…
  • Marco teórico nos que se fundamenta o noso modelo de intervención no medio acuático: A abordaxe de carácter interdisciplinar, a Clasificación internacional da función e a discapacidade ( CIF), as intervencións baseadas na evidencia en atención temperá, os conceptos da práctica psicomotriz de Bernard Aucouturier e o concepto Halliwick..
  • Programación terapéutica no medio acuático individualizada A presentación de casos clínicos propostos pola docente mostrando os diferentes compoñentes: características funcionais, nivel de actividade, nivel de participación na súa vida diaria, características persoais e ambientais….
  • Sesión practica entre os alumnos asistentes mediante a vivencia dos cambios posturales na auga, tipo de suxeicións, entradas e saídas da auga, traballo neuromuscular, equilibrio e desequilibrio, rotacións, desprazamentos, inmersións, respiración, etc

 

RELATORA:

Ascensión Martín Díez

Fisioterapeuta -psicomotricista do CDIAP Mollet. Con 30 anos de experiencia na práctica. Docente en varias Universidades Nacionais onde se imparte formación de posgrao e Master en temas relacionados coas prácticas baseadas na evidencia en Atención Temperá e fisioterapia pediatrica.; Actividade acuática Terapéutica en AT, Psicomotricidade Dinámica, Abordaxe Terapéutico da extremidade superior en pediatría en afectacións unilaterais: hemiparesia e PBO,etc.

LUGAR:

APAMP: R/ Pedra Seixa nº 33 (Venres e sábado), VIGO

ASPANAEX: R/ Maestros Goldar nº 18 (Domingo), VIGO

DATA:

Venres 29, sábado 30 de xuño e 1 de xullo de 2018

PROGRAMA

VENRES DIA 29 DE XUÑO 2018:

15.00-15.30: Introdución, Presentación dos alumnos.

15.30-17.30: Achegas do medio acuático ás actividades terapéuticas.

17.30-18.00 DESCANSO

18.00-20.00: Características físicas do medio:

  1.  Propiedades físicas que nos proporciona a auga.
  2.  Efectos da auga sobre o corpo humano
  3. A aplicación das leis físicas no traballo terapéutico.
  4. Manexo por parte do profesional: suxeicións e agarres
  5. Condicións do lugar de traballo.
  6. Precaucións e contraindicacións.

 

SÁBADO DÍA 30 de XUÑO 2018

9.00-11.30: Modelo de intervención ou metodoloxía de traballo.

  • Marco referencial dos diferentes espazos terapéuticos: CDIAP , escola especial, centro privado, centro deportivo…..
  • Metodoloxía de traballo.
  • Carácter global da intervención.
  • Abordaxe interdisciplinar.
  • O xogo como fin e como recurso terapéutico
  • A CIF
  • Prácticas baseadas na evidencia en Atención temperá:
    • Prácticas centradas na familia e o contorna
    • Teoría dos sistemas dinámicos
    • Teorías sobre a selección de grupos neuronais
    • Buscar obxectivos funcionais

11.30-12.00: DESCANSO

12.00-14.00 :

  • Planificación da actividade: Espazo e lugar, Deseño, Criterios, Programa de baño, Masaxe infantil, Traballo individual e en grupo.

15.00-17.30:

  • Obxectivos xenerais e específicos segundo características individuais.
  • Control da respiración.

17.30-18.00. DESCANSO

18.10- 20.00:

  • Obxectivos xerais e específicos según as características individuais
  • Algunhas ferramentas de valoración no medio acuático .
  • PRESENTACIÓN DE CASOS CLÍNICOS onde se requira unha análise, valoración e planificación de obxectivos aplicables no medio acuático

 

DOMINGO 1 de XULLO do 2018:

9.00-11.00: PRÁCTICA VIVENCIADA EN PISCINA :

  • Planificación dunha sesión: Materiais, cancións, contos, historias, xogos
  • Entradas e saídas da auga.
  • Suxeicións e agarres

11.00-11.30: DESCANSO

11.40-13.00: PRÁCTICA VIVENCIADA EN PISCINA:

  • Traballo de equilibración en posición horizontal
  • Traballo de rotación: vertical, lonxitudinal, lateral
  • Traballo Neuromuscular
  • Traballo de relaxación
  • Traballo para aumentar o ton
  • Traballo respiratorio

13:00-13:20 Cambio de roupa

13:20-14:00 Conclusións e clausura do curso

 

PRAZAS :

Limitadas – 22 Por rigorosa orde de matriculación

RECOÑECIDO DE INTERESE SANITARIO. Resolución XTCS Pontevedra 2-04-2018

 

COTAS:

Ata o día 11  de maio:

  • Cota de inscrición socios/as AGAT e da SEFIP: 170 €
  • Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 190
  • Cota de inscrición de non-socios/as: 200 €

 

Ata o día 15 de xuño:

  • Cota de inscrición socios/as AGAT e da SEFIP: 190€
  • Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 210
  • Cota de inscrición de non-socios/as: 220 €

 

INSCRICIÓN

  • Entrar en “Contacto” na páxina principal da web da AGAT: 
http://www.atenciontemprana.com 

  • Cubrir o formulario poñendo os vosos datos personais, profesión e lugar de traballo 

  • No apartado “email” poñede, por favor, o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións.
  • Na ringleira de “asunto” escribir “Inscrición Curso “Actividade acuática terapéutica en Atención Temperá”
  • E no apartado de Mensaxe especificade se sodes “Socios/Non socios”
  • Finalmente premer (pinchar) no botón “Enviar”. 

  • Inmediatamente recibiredes unha mensaxe automática de saída da vosa solicitude. 

  • Posteriormente, un correo de “AGAT Formación” (formacion@atenciontemprana.com) vos confirmará da recepción da vosa solicitude e vos informará de que para formalizar a matrícula tedes que ingresar a cota correspondente na conta no prazo dunha semana (en caso contrario perderase a praza) :

                               C/C da AGAT 2080 0553 50 3040005038 ABANCA

  • A admisión ao curso será efectiva cando recibades outro correo de “AGAT Formación” confirmando o ingreso da vosa cota de inscrición na conta da AGAT.

 

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA:

atenciontemprana@atenciontemprana.com                      

agat@atenciontemprana.com

Tfno. 698 124 611

http://www.atenciontemprana.com