¡¡¡ CURSO COMPLETO ¡¡¡ 27 ABRIL – CURSO: CLÍNICA E TRATAMENTO DO TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA

CURSO COMPLETO

CURSO DE FORMACIÓN AGAT – 27 ABRIL

 

 CLÍNICA E TRATAMENTO DO TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA

 UNHA PERSPECTIVA INTERDISCIPLINARIA

ALBERTO LASA ZULUETA,  PSIQUIATRA INFANTIL

 

     ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA- POLÍGONO DE FONTIÑAS

SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

A CONTEXTUALIZACIÓN

TEA e TDAH son, nas sociedades contemporáneas, dous diagnósticos cada vez mais frecuentes e precoces que marcan os itinerarios da primeira infancia. Case todo o que rodea estes diagnósticos, e moi especificamente o TEA, ven impregnado dunha intensa polémica que alcanza aos propios criterios delimitadores, aos factores etiolóxicos e ás orientacións terapéuticas. E que dificulta a interpretación dos procesos evolutivos, o posicionamento e comunicación das familias e dos profesionais, a comprensión dos roles que debe xogar cada recurso e mesmo a coordinación dos apoios que debe brindar a comunidade. Este curso inscríbese na vontade de AGAT de afondar na comprensión desta problemática dando a coñecer diferentes perspectivas a través dun ciclo de cursos formativos. Para comezar, temos o pracer de contar co Dr. Alberto Lasa, que expoñerá as ideas clave da perspectiva psicodinámica.

 

O PONENTE

Alberto Lasa Zulueta é psiquiatra e psicoanalista cunha fonda formación en infancia e adolescencia  realizada en Lausana, Ginebra, París e Madrid.  Ten sido profesor de Psiquiatría na Universidade do País Vasco e profesor asociado de Psicopatoloxía e Psiquiatría na Facultade de Psicoloxía de Deusto. Dende 1982 ten dirixido un servicio público ambulatorio de psiquiatría de nenos e adolescentes en Vizcaya. Cofundador e presidente da Sociedade Española de Psiquiatría y Psicoterapia del Niño y del Adolescente – SEPYPNA, excelente orador e magnifico escritor, autor de libros como “Los niños hiperactivos y su personalidad” (2008) o “Adolescencia y salud mental” (2016), queremos subliñar o seu esforzo por afrontar dun xeito comprensivo os asuntos clave que rodean os TEA e que son tema principal do programa deste curso

 

O PROGRAMA

  1. O autismo: breve historia e desenvolvemento dos conceptos fundamentais (deficiencia>esquizofrenia infantil> psicoses infantís> trastornos xeneralizados do desenvolvemento> trastornos do espectro autista)
  2. O autismo como “trastorno do neuro-desenvolvemento”. Que é o desenvolvemento psíquico?
  3. Diagnóstico e manifestacións precoces.
  4. O funcionamento autístico: comprensión da súa psicopatoloxía e formas clínicas
  5. Coidados e tratamentos do autismo.
  6. Resultados das investigacións recentes e sensatez asistencial. Visión crítica das polémicas actuais.

 

LUGAR:

EGAP (Escola Galega de Administración Pública)

Santiago de Compostela

DATA:

27 de abril de 2019

HORARIO:     9:00 a 13:30h

PRAZAS :

Limitadas ( 30 a 40 persoas) – Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición e pagamento.

Declaración de interese sanitario: en tramite

COTAS:

Ata o día  28 de febreiro de 2019 :

 

  • Cota de inscrición socios/as AGAT: 40 €
  • Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 60
  • Cota de inscrición de non-socios/as:      50 €

 

Ata o día 12  de abril de 2018 :

 

  • Cota de inscrición socios/as AGAT: 50
  • Cota especial: Inscrición + Asociación AGAT: 70
  • Cota de inscrición de non-socios/as: 60

 

INSCRICIÓN

  • Entrar en “Contacto” na páxina principal da web da AGAT: http://www.atenciontemprana.com
  • Cubrir o formulario poñendo os vosos datos personais, profesión e lugar de traballo
  • No apartado “email” poñede, por favor, o voso enderezo electrónico, para poder enviarvos notificacións.
  • Na ringleira de “asunto” escribir “Inscrición Curso “ Clínica e Tratamento do Trastorno do Espectro Autista”
  • Finalmente premer (pinchar) no botón “Enviar”.
  • Inmediatamente recibiredes unha mensaxe automática de saída da vosa solicitude.
  • Posteriormente, un correo de “AGAT Formación” (formacion@atenciontemprana.com) vos confirmará da recepción da vosa solicitude e vos informará de que para formalizar a matrícula tedes que ingresar a cota correspondente na conta:

C/C da AGAT 2080 0553 50 3040005038 ABANCA

A admisión ao curso será efectiva cando recibades outro correo de “AGAT Formación” confirmando o ingreso da vosa cota de inscrición na conta da AGAT.

Condicións de uso, pago, cancelación e devolución dos cursos

A Organización resérvase o dereito de suprimir e/ou modificar datas e lugares en caso de non contar cun mínimo de participantes. Nestes casos notificarase aos participantes con anticipación, devolvéndolles, así mesmo, integramente o diñeiro da inscrición abonada. En caso de cancelación da inscrición esta será devolta na súa totalidade se se realiza 30 días antes do inicio do curso cunha penalización de 5 euros por gastos de xestión e administrativos. Se a renuncia realízase entre os últimos 30 días antes do curso non se reembolsará a inscrición. Non se realizará ningún reembolso se a cancelación realízase nos últimos 5 días. En caso de suspensión do curso ou modificación de datas, outorgarase un reembolso completo ou unha nova inscrición noutro curso de idénticas características.

Anulación ou modificación de cursos por parte do Organizador

A Organización resérvase o dereito de suprimir e/ou modificar datas e lugares en caso de non contar cun mínimo de participantes. Nestes casos notificarase aos participantes con anticipación, devolvéndolles, así mesmo, integramente o diñeiro da inscrición abonada ou unha nova inscrición noutro curso de idénticas características ou diferente prezo devolvendo a diferenza se o prezo é inferior ou solicitando a diferenza se o prezo é superior.

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA:

atenciontemprana@atenciontemprana.com

agat@atenciontemprana.com

Tfno. 698 124 611