GaliciaNoticias

2,25 millóns de euros para SERVIZOS DE PROXIMIDADE NA REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ

Beautiful baby in hat

O presidente da Xunta avanza unha orde de axudas pioneira, dotada con 2,25 millóns de euros, para proporcionar máis recursos á Rede Galega de Atención Temperá

Sinala que se trata dunha das medidas prioritarias comprometidas na Axenda Social Única que hai uns días se acordou coa Fegamp e a Rede Galega contra a Pobreza

Afirma que isto vai supoñer pasar das 6 unidades de atención temperá coas que conta Galicia na actualidade a 18. “É dicir, financiamos 12 novas unidades de atención temperá”, polo que “triplicamos os recursos que vai ter Galicia” para detectar as dificultades que poidan ter os nenos de 0 a 6 anos

Sinala que, a través destas axudas, os concellos contratarán 36 profesionais: psicólogos, fisioterapeutas, logopedas

Di que, con estes recursos, darase resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presenten os nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos de desenvolvemento ou con riscos de padecelo. É un modelo baseado na prevención, na promoción da autonomía persoal e na inclusión social

Lembra que na actualidade xa hai recursos de atención temperá no ámbito dos hospitais públicos; entidades de iniciativa social que prestan este servizo fundamental; e 3 unidades de atención temperá que a Xunta financia nas comarcas do Deza, do Salnés e de Bergantiños

Santiago, 9 de xuño de 2016.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a decisión do Consello da Xunta de proporcionar máis recursos á Rede Galega de Atención Temperá, a través dunha orde de axudas pioneira, dotada con 2,25 millóns de euros, para os concellos que presten este tipo de servizos para nenos de 0 a 6 anos.

Como especificou, trátase dunha das medidas prioritarias comprometidas na Axenda Social Única que hai tan só un días se acordou coa Fegamp e a Rede Galega contra a Pobreza.

Segundo o máximo responsable autonómico, isto vai supoñer pasar das 6 unidades de atención temperá coas que conta Galicia na actualidade a 18. “É dicir, financiamos 12 novas unidades de atención temperá” sinalou, polo que “triplicamos os recursos que vai ter Galicia” á hora de detectar problemas que, se se identifican no momento do nacemento, ou nos primeiros meses e anos de vida, poden ser resoltos ou pode reducirse o seu impacto durante o desenvolvemento dese neno como adulto.

Así mesmo, o presidente da Xunta sinalou que, a través destas axudas, os concellos contratarán 36 profesionais: psicólogos, fisioterapeutas, logopedas. Con estes recursos, darase resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presenten os nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos de desenvolvemento ou con riscos de padecelo. É un modelo baseado na prevención, na promoción da autonomía persoal e na inclusión social.

Como sinalou Feijóo, trátase dun paso dunha enorme transcendencia social. De feito, indicou que, se ben é certo que xa hai recursos de atención temperá no ámbito dos hospitais públicos; que hai entidades de iniciativa social que prestan este servizo fundamental; e que hai 3 unidades de atención temperá que a Xunta financia nas comarcas do Deza, do Salnés e de Bergantiños, o certo é que é preciso facer un esforzo superior e coordinado cos concellos. Por este motivo, o Goberno galego dá este paso e crea 12 novas unidades que, sumadas ás 6 existentes, “sitúannos no mellor posicionamento que tivo Galicia en relación á detección e ao tratamento das dificultades dos nenos que están nacendo na Comunidade”.

Tags: Galicia, Noticias

Outras entradas

ENCONTRO CENTROS E SERVIZOS – 10 DE SETEMBRO
UDIAFS. SERVIZOS COMUNITARIOS DE ATENCIÓN TEMPERÁ